Biografía
Nací en 1959 en una pequeña aldea de Dena, en el ayuntamiento de Meaño (Pontevedra) que se llama Ameiró.
Allí pasé mi infancia jugando entre campos de maíz, riachuelos, árboles frutales, montes y, sobre todo, viñedos. Me gustaba particularmente cruzar la carretera que unía Cambados con O Grove, y caminar hacia el lugar de Seixiños, a las pequeñas playas en la Ria de Arosa, junto a las telleiras y las fábricas de ladrillos, con la isla de A Toxa en el horizonte.
Mi carrera de diplomático me convirtió rápidamente en un vagabundo profesional y hasta ahora he vivido en muchos países, montando y desmontando casas, parejas, amigos, paisajes y emociones. Desde un pequeño pueblo de Alemania llamado Bonn, hasta Buenos Aires, pasando por Nueva York, Santiago de Compostela, París, Montevideo e incluso el Golfo Pérsico.
Nada de eso estaba escrito en las piedras rojizas con las que jugaba en las playas de Seixiños.
A los 15 ó 16 años mis padres me trajeron de Canarias una cámara Asahi Pentax y desde entonces siempre me gustó hacer fotos, primero analógicas y después digitales. En todo este recorrido vital mis cámaras han sido las ventanas por las que observo el mundo.
Después de la Pentax, vinieron las Canon digitales y finalmente mis queridas Leica. Desde entonces viajan en mi maleta y visitamos juntos ciudades, reflejos, paisajes, rostros, muchas salas de espera de aeropuertos y noches de soledad en hoteles de ciudades desconocidas. Y un sinfín de pequeños universos.
Hacer fotografías terminó por convertirse en más que una afición. Veo mejor las cosas a través de los lentes de una cámara. Y las imágenes se convierten en recuerdos desordenados y no lineales de mi propia historia, en los que los lugares se confunden con el tiempo, y el presente con el pasado. Como la propia vida.
Biografia
Nacín no ano 1959 en Ameiró, nunha pequena aldeíña de Dena, no concello pontevedrés de Meaño
Pasei a infancia xogando entre campos de millo, regatos, árbores froiteiras, montes e, sobre todo, viñedos. Gustábame particularmente cruzar a estrada que unía Cambados co Grove e camiñar cara ó lugar de Seixiños, cara as pequenas praias da ría de Arousa, xunto ás telleiras e as fábricas de ladrillos, coa illa da Toxa no horizonte.
A miña carreira de diplomático converteume rapidamente nun vagabundo profesional e ata agora levo vivido en moitos países, montando e desmontando casas, parellas, amigos, paisaxes e emocións. Desde unha pequena vila de Alemaña chamada Bonn ata a inmensa Bos Aires, pasando por Nova York, Santiago de Compostela, París, Montevideo e incluso o Golfo Pérsico.
Nada diso estaba escrito nas pedras avermelladas con que xogaba nas praias de Seixiños.
Ós 15 ou 16 anos meus pais trouxéronme de Canarias unha cámara Asahi Pentax e desde aquela sempre me gustou facer fotos, primeiro analóxicas e máis tarde dixitais. En todo este percorrido vital, as miñas cámaras foron as ventás polas que observei o mundo.
Despois da Pentax, viñeron as Canon dixitais e, finalmente, a miñas queridas Leica. Desde entón viaxan na miña maleta e xuntos visitamos cidades, reflexos, paisaxes, rostros, moitas salas de espera de aeroportos e moitas noites de soidade en hoteis de cidades descoñecidas. E unha chea de pequenos universos.
Facer fotografías terminou por converterse en máis ca unha afección. Vexo mellor as cousas a través das lentes dunha cámara. E as imaxes convértense en lembranzas desordenadas e non lineais da miña propia historia, e nelas os lugares confúndense co tempo, e o presente co pasado. Como a propia vida.